xoves, 3 de maio de 2012

CANAPÉS LITERARIOS


Esta mañá vivimos unha nova experiencia no noso Bibliocastelo. 
Unha actividade de fomento da lectura, onde se combinaban a ilusión dos contos, a emoción dos xogos e a dozura das larpeiradas.


Para organizala necesitamos os seguintes ingredientes:
     .-Gominolas variadas
     .-Pauciños escarvadentes.
     .-Moldes de magdalenas decorados.
     .-Carteliños con adiviñas cuxas solucións eran nomes de personaxes de conto (tantos como nenos/as).


Para desenvolvela fixémolo así:
Cada canapé literario estaba formado por catro gominolas pinchadas nun escarvadentes e un papeliño cunha adiviña enroscado no seu extremo superior.
Os neno/as, un por un, escolleron cadanseu canapé e antes de degustalo cumpriron a condición requerida: ler en voz alta a adiviña e acertar a solución.




Resultou todo un éxito! Daba xenio ver vinte pares de ollos desbordantes de emoción!
Non podemos pechar esta entrada sen mencionar a fonte na que nos inspiramos: un blog que atopamos por casualidade, chamado El Lapicero Mágico 
e que presenta unha chea de propostas interesantes. 

Grazas desde o Bibliocastelo A Pedra!

2 comentarios:

  1. Uhmmmmmm! Que rico!
    Parabéns por tanta docura!

    ResponderEliminar
  2. unha idea estupenda e moi apetitosa. INTENTARMOS COPIALA PARA A NOSA BIBLIO. APERTAS DENDE O CEIP " A RÚA" EN CANGAS.

    ResponderEliminar