Co gallo do noso proxecto sobre Banda Deseñada, "ENTRE VIÑETAS", hoxe tivemos a gran fortuna de contar co ilustrador Abraham Carreiro na nosa biblioteca.
Os rapaces e rapazas de terceiro de primaria estiveron lendo o seu último libro "ESTUDOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS"
O libro conta a historia de Nuno e o seu can Marabilla que tras gañar un premio nunha bolsa de patacas sumérxense nunha trepidante e misteriosa viaxe polo descoñecido universo dos debuxos animados.
Abraham non só nos falou do seu libro senón que, baixo a atenta mirada de Papirus, tamén nos debuxou algúns dos seus personaxes extraordinarios .
Nesta imaxe observamos a Nuno e Marabilla no seu patinete e debaixo vemos ao monstruoso Golo e á supernena troglodita Lume co invisible Radón.
Despois os rapaces e rapazas tiveron que facer os seus propios deseños de personaxes fantásticos. Foi moi devertido!!!
Para rematar ensinounos a facer unha animación en movemento, a través dun sinxelo debuxo nun anaco de cartolina e con dúas gomiñas.
Antes de marchar asinou todos os nosos libros.
MOITAS GRAZAS ABRAHAM POLA TÚA VISITA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario