Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvese a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS , sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, que se celebrou o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.
Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira.
Premede na imaxe para acceder a páxina de Bibliotecas Escolares, onde atoparedes máis información , con Páxinas de Recursos para a Ciencia en Galego e ademais poderedes ler o texto íntegro do manifesto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario