A pasada fin de semana (20 e 21 de novembro) celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano o lema foi "Biblioteca escolar, base de exploracións". Facendo alusión a este lema houbo un bo feixe de experiencias de distintas bibliotecas de Galicia que funcionan como "base de exploracións" , así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por bibliotecas escolares.
Tamén acudiron expertos de distintos ámbitos, que axudaron a reflexionar sobre os distintos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares. Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañaron ao profesorado nesta cita anual de intercambio de experiencias , reflexión e análisis, para acadar un óptimo desenvolvemento dos recursos.
Para acceder ao programa e aos materias expostos nas xornadas, preme na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario