martes, 31 de maio de 2016

DE TOURNÉE!

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria están feitos uns artistas. Elaboraron unha versión da biografía de Manuel María con formato para expoñer nun Kamishibai, merecedor de todas as louvanzas.
O proceso foi longo e laborioso, xa que tiveron que procurar a información, seleccionala e organizala, acompañándoa de ilustracións do máis orixinais e creativas.
Un traballo tan orixinal non podía quedar xunguido ás cancelas da nosa escola, por iso quixeron compartilo máis aló da comunidade educativa. Así participaron na Gala do V Certame  de Poesía Johan Carballeira. Tamén fixeron unha representación no centro da Asociación Parkinson de Bueu. Foron aos dous Centros de Día que hai na vila a deleitar aos maiores co seu magnífico traballo. Realizaron unha representación no IES Johan Carballeira e tamén no cole de infantil.
Se queredes ter máis información sobre esta marabillosa actividade, premede na imaxe.

NORABOA RAPAZADA, moi bo traballo !

Ningún comentario:

Publicar un comentario