O último día de cole, o 22 de xuño tivemos unha agradable sorpresa. A profe Esther, que xa está xubilada, veu ao Bibliocastelo a contarlles un conto aos nenos e nenas de 1º e 2º. Pero non nos contou un conto calquera, senón un moi especial. Trátase de "El erizo sin espinas", un libro que escribiu e ilustrou o seu fillo Miguel Ángel como un traballo fin de máster. O tema do libro é o "bullying" e o protagonista é un ourizo. Os nenos e nenas pasárono xenial e están desexando que a profe Esther volva con máis historias. As ilustracións do libro son fermosísimas !
Moitas grazas profe Esther por dedicarnos un anaquiño do teu tempo e xa sabes que sempre eres benvida.
Moitas grazas Miguel por compartir con nós o teu magnífico traballo. Desexámosche moita sorte e agardamos con impaciencia os teus novos traballos. Esperamos que algún día estén nos andeis do noso Bibliocastelo.
Moitas grazas a vosotros. Felíz verán a todos.
ResponderEliminar