Onte, os alumnos e alumnas de 6º convidaron ás familias e aos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º a un festival de despedida no Centro Social do Mar de Bueu.
Este ano como o tema do proxecto é "Un Universo de libros" argallaron a súa última posta en escena facendo un percorrido polos distintos elementos da Vía Láctea :
* Comezaron cun baile en honor ao noso astro rei, o SOL.
*O seguinte elemento que representaron foi a Terra, para
o que o alumnado de 6º recompilou fragmentos de poemas en diversos idiomas (galego, castelán, inglés e francés) alusivos a mesma e recitaron cunha fermosa posta en escena.
* A continuación viñeron as ESTRELAS, representaron o nacementodunha delas cunha canción de Mclan cantada a capela polos nenos e nenas de 6º.
*Seguiron a viaxe sideral
cunha coreografía da guerra das GALAXIAS, acompañada de instrumentación
musical.
*Na última actuación todo o alumnado
realizou unha montaxe de expresión
corporal na que se relataba a formación do Sistema Solar, co Big-Bang como peche da actuación.
* Para rematar, a entrega de orlas e agasallos. Moita emoción e moitas bágoas como peche de ouro a unha magnífica actuación! Noraboa rapaces e rapazas !
Que un fermoso sol ilumine o novo camiño que emprendedes e unha estrela vos guíe pola senda correcta! Moita sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario