A pasada fin de semana (18 e 19 de novembro) celebrouse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano o lema foi "Biblioteca escolar, territorio das Artes". Facendo alusión a este lema a maioría das experiencias xiraron en torno ao mundo das Artes. A nosa biblioteca participou nunha destas mesas de experiencias, amosando o proxecto que levamos a cabo fai dous anos, "LerArte". Se queres ver un resumo deste proxecto, preme na seguinte imaxe.
Tamén acudiron expertos e expertas de distintos ámbitos, que axudaron a reflexionar sobre os retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares. Andrea Giráldez, Gloria Durban, Silvia González Goñi, María Conçeicao Tomé e Carlos Scolari acompañaron ao profesorado asistente a esta cita anual de intercambio de experiencias , reflexión e análisis. O peche das Xornadas correu a cargo do escritor e poeta, Fran Alonso.
Para acceder ao programa e aos materias expostos nas xornadas, preme na imaxe.
Para acceder ao programa e aos materias expostos nas xornadas, preme na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario