mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

Este ano, por mor da pandemia, non puidemos celebrar esta data tan importante todos xuntos. Cada clase festexouna de diferentes maneiras. Estas foron as actividades que se realizaron: 

- Na Hora de ler, lemos libros sobre igualdade. Despois debate, reflexións e comentarios dos mesmos. Tamén se realizaron pequenos proxectos e diversos traballos.

- Repartimos polas aulas un libro que narra a biografía dunha muller ilustre da nosa vila, Matilde Bares, que nos regalou o Concello.


- Algúns grupos saíron ao patio e fixeron unha pintada no chan.






- Repartimos entre o alumnado unhas máscaras conmemorativas desta data. Foi un agasallo do Concello.


- Tamén fixemos no corredor da biblioteca unha pequeniña exposición cuns carteis que elaborou a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo. Estes carteis viñan na MALETA DOS OCÉANOS DA AXENDA 2030 e forman parte dun conxunto de recursos didácticos  que abordan seis temáticas diferentes e complementarias:
* Educación para a sustentabilidade sen igualdade de xénero?
* O marisqueo a pé, un traballo de mulleres.
* Redeiras, salga e conserva, un traballo de mulleres.
* Investigadoras mariñas saíndo da sombra.
* Océanos en perigo!
* Os óceanos. O Planeta azul.







Se queredes máis información sobre este interesante proxecto, premede na seguinte imaxe!














Ningún comentario:

Publicar un comentario