luns, 17 de maio de 2021

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe é o día grande das nosas letras e para festexalo fixemos un mural, no que a protagonista é Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano. Foi un traballo colaborativo, no que participou todo o alumnado do colexio, dende infantil ata 6º de primaria. Como estamos moi comprometidos co noso planeta (título do proxecto deste curso) fixemos dúas árbores decoradas con follas de carballo e castiñeiro (árbores autóctonas da nosa terra). Cada clase tiña que decoralas con versos, debuxos, títulos de libros de Xela Arias. Quedaron moi chulas. Ollade!




Tamén realizamos, como todos os anos o tradicional concurso "Que sabes de..." sobre o persoeiro homenaxeado nesta data.


Ademais na Hora de Ler, a rapazada estivo traballando e investigando sobre a figura de Xela Arias e léronse anaquiños dalgunhas das súas obras.
A rapazada de 3ºA foron a Voz da Pedra a recitar un poema de Xela Arias. Escoitade con atención!

 
 O alumnado de 1ºA agasallounos cun poema que foron recitar a nosa radio. Escoitade!

Noraboa, un traballo fantástico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario