Ola amiguiñxs:Hoxe a mocidade de sexto participou nunha innovadora actividade que abre conciencias. Tratábase de reivindicar o dereito que cada persoa ten a manifestar a súa expresión de xénero como prefira. Como indica o lema da actividade, tratábase de demostrar que non podemos xulgar ás persoas pola súa roupa. Este evento foi organizado polo IES Johan Carballeira ao que nos sumamos o IES Illa de Ons e o noso centro. Xurdiu en apoio a un mozo de Bilbao, chamado Mikel, que hai un tempo foi recriminado por ir ao seu centro de ensino vestido cunha saia.
Xuntáronse na confluencia das rúas A pedra e Staffan Mörling de maneira que se puidesen ver e gardasen as medidas de seguridade. Un grupo formado por varias alumnas e un profesor leron un manifesto.
A continuación escribiron na rúa cun xiz de cores as mensaxes que previamente traballaran na clase. Ollade!
O día anterior o alumnado de sexto tivo unha charla, coordinada polo Departamento de Orientación e as titoras, para coñecer conceptos básicos sobre diversidade afectivo-sexual.
A noticia foi recollida por diferentes medios de comunicación nacional e local, de feito saíron no Telediario da primeira cadea. Premede na seguinte imaxe para ler a noticia nun medio da provincia.
Tamén participaron na actividade o Alcalde e varios concelleirxs con cadansúa saia.
Foi unha xornada chea de diversidade! Déixovos co lema de Clara e Noara, xa que me gustou moito e ademais recolle moi ben a mensaxe que se quería transmitir:
"Este catro de maio imos aprender
que os pantalóns non son de home
nin as saias, de muller"
Biquiños
Ningún comentario:
Publicar un comentario