sábado, 1 de maio de 2021

OS MAIOS

 Ola amiguiñxs:

Menuda semana que levastes! Non parades! Toda a semana traballando para facer os maios! Sei que tamén fixestes un gran traballo en familia, indo a coller xesta, fiuncho, flores; confeccionando colares con margaridas...Ollade!

Os maios quedaron espectaculares, pero creo que o mellor foi que o pasastes xenial, tanto en familia como no cole. 

Tamén me gustan as coplas que fixestes de xeito cooperativo nas clases e que logo cantastes arredor do maio. Ollade!

A rapazada de 5º tamén fixo o seu maio e a súa copla. Premede na imaxe para velo!


Logo o alumnado de terceiro foi a nosa emisora  A voz da pedra a cantar as coplas. Escoitade! 

  
Noraboa! Un traballo fantástico! Gústame que recuperedes a nosa tradición cultural.

Biquiños


Ningún comentario:

Publicar un comentario