venres, 21 de maio de 2021

CONTACONTOS

 

Hoxe o alumnado de 1º e 2º asistiu no patio do cole a un contacontos, realizado por Felipe Díaz "Caxoto" de A trastenda dos contos.

Contoulles como foi a infancia de Xela (autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas) baseándose no libro Non te amola! Sobre todo, o que lle gustaba facer cando era cativa: cazar grilos, lanzar terróns, camiñar polo monte... Tiña moitas aventuras e historias que contar na súa cabeciña. Un día o escritor Manuel María visitou a súa familia e díxolle que collera unha libreta e empezara a escribir. Dende aquela non parou ata que morreu. Tamén lles contou un conto dun moucho, animal que coñecía moi ben Xela, xa que había na súa aldea.

Despediuse cun blues creado por el dun poema da Manuel María, Eu teño un barco. Ademais convidou a todxs a coller unha libreta vella e escribir as historias que teñen na súa cabeza.

Déixovos unhas fotos desta actividade. Ollade que ben o pasaron!





Pasárono xenial!
Biquiños




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario