Os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron traballando a pirámide alimenticia. Fixérono por equipos, empregando estruturas da aprendizaxe cooperativa. Cada grupo elaborou a súa propia pirámide con alimentos que recortaron de folletos publicitarios de diferentes tendas e supermercados.
domingo, 22 de abril de 2018
sábado, 21 de abril de 2018
FROITA NA ESCOLA
Ao longo destas dúas últimas semanas levamos a cabo a actividade "Froita na Escola", que é unha das catro modalidades da campaña ALIMÉNTATE BEN, dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Esta modalidade de Froita na Escola ten como obxectivo o fomento do consumo de froita entre o alumnado de centros escolares de 3 a 16 anos, ofrecéndolles froita fresca gratuíta. Todos os días repártese froita polas aulas un pouco antes da hora do recreo, para que así poidan merendar tranquilos antes de saír ao patio. Cada día comían unha diferente : mazá, pera, mandarina, piña, amorodos, clementina e melón.
A froita estrela foron os amorodos!!!
Se queres saber máis sobre esta campaña ALIMÉNTATE BEN, preme na seguinte imaxe.
domingo, 15 de abril de 2018
ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado xoves e venres celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, aos que asistiron todos os coordinadores e coordinadoras das bibliotecas de centros non universitarios de Galicia.
Estes encontros son unha forma de compartir experiencias, traballos e propostas arredor das bibliotecas escolares. Houbo ponencias moi interesantes, impartidas por expertos e expertas de distintos ámbitos : Rosa Piquín, Carme Fenoll, Pilar Sampedro, Guadalupe Jover, Antonio García Teijeiro, Villar Arellano, Antonio Reigosa...
Tamén se levaron a cabo obradoiros diversos (de lectura expresiva, robótica, radio...) dirixidos por persoas moi cualificadas na materia : Charo Pita, Miguel Horta, Ana Ordás, Pep Bruno, María Pousa e Ricardo Feijoo.
Un apartado moi interesante destes encontros foron as 21 experiencias de temática variada que deron a coñecer diferentes centros educativos. Nós fomos un deles. A nosa biblioteca participou nunha destas mesas de experiencias, amosando o traballo que vimos desenvolvendo cos itineraios lectores. Foi un pracer e un orgullo dar a coñecer esta actividade que vimos realizando dende hai anos.

Na fotografía inferior podemos observar a Antonio García Teijeiro deleitándonos cos seus marabillosos poemas.
Se queres máis información, preme na seguinte imaxe!
Foron momentos de compartir, escoitar, pero sobre todo, aprender, volvendo para o cole coa mochila cargada de novas ideas e ilusións.
xoves, 12 de abril de 2018
PRESENTACIÓN I FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA
Hoxe, na biblioteca do IES Johan Carballeira, tivo lugar a presentación da I Feira da Ciencia e Literatura de Bueu, organizada por este instituto, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de abril. A este acto asistiron o Exmo. Sr. Alcalde e a Concelleira de Sanidade e Educación do concello de Bueu, a Inspectora de Educación da zona, representantes do CEFORE , representantes da ANPA, coordinadoras das bibliotecas e as directoras dos centros do Concello e representantes do persoal non docente.
O obxectivo desta Feira é levar a ciencia a rúa , amosar a relación que ten coa literatura e como a partir das historias que narran moitos libros se poden aprender contidos transversais.
Ademais ten unha finalidade solidaria, realizáronse diferentes agasallos , que teñen relación cos libros que se traballaron. Estes enviaranse a diferentes ONGs que axudan aos refuxiados. Por exemplo, relacionado con "A illa misteriosa" os alumnos e alumnas dos Ciclos de Estéctica elaboraron xabóns.
O noso cole tamén participou. Realizamos un dicionario castelán-galego-árabe cos debuxos que fixo todo o alumnado dende Infantil de 3 anos ata 6º de Primaria. Foi un gran traballo en equipo! Ollade o resultado!
Xa sabedes, o sábado tedes unha cita coa Ciencia e a Literatura , na Praza Massó. Non faltedes!
Xa sabedes, o sábado tedes unha cita coa Ciencia e a Literatura , na Praza Massó. Non faltedes!
mércores, 11 de abril de 2018
RECREOS DE CONTO
Hoxe no Bibliocastelo, na hora do recreo, Laura e Aroa deleitáronos coas aventuras de O coelliño branco, un fantástico libro de Xosé Ballesteros e Óscar Vilán, publicado pola editorial Kalandraka.
Moitas grazas, rapazas. Fixéstelo xenial!
domingo, 8 de abril de 2018
2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Co gallo do Día Mundial do Autismo, celebráronse varios actos ao longo de toda esta semana, na comarca do Morrazo, nos concellos de Moaña, Bueu e Cangas. O obxectivo era o de concienciar a poboación sobre este tipo de trastorno. Nos centros educativos celebrámolo o venres, con varias actividades. Primeiro lemos nas aulas un manifesto.
Tamén lemos libros e visualizamos vídeos para comprender mellor este TEA (Trastorno do Espectro do autismo) que afecta arredor de 1 de cada 150 persoas.
E colocamos globos azuis nas fiestras.
Temos que lembrar que todos os días son 2 de abril!
luns, 2 de abril de 2018
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
Hoxe conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil. Na Hora de Ler, lemos unha fermosa mensaxe que nos enviaron dende a asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. A autora da mesma, a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura, titulouna : Os libros fan grande o máis pequeno. Se queres ler esta marabillosa mensaxe preme na imaxe do cartel deseñado polo ilustrador Reinis Petersons.
Ademais lemos o decálogo cos Dereitos dos nenos e nenas a escoitar contos, que realizaron os voluntarios e voluntarias da biblioteca. Este decálogo é unha adaptación e tradución ao galego do orixinal, que foi redactado pola Asociación Colombiana do Libro Infantil.
sábado, 31 de marzo de 2018
PRESENTACIÓNS ORAIS
Co gallo do proxecto deste curso, os rapaces e rapazas de cuarto estiveron investigando sobre enfermidades causadas por alimentos ou que están relacionadas coa alimentación (alerxias, raquitismo, escorbuto, diabete...). Despois fixeron power points e presentáronlles os seus traballos ao resto de compañeiros e compañeiras. Tamén na Hora de Ler, presentáronllos a alumnos e alumnas doutros cursos. Ollade os seguintes vídeos!
Fixérono xenial!!!
venres, 16 de marzo de 2018
Día Internacional da Muller
Durante a última semana de febreiro e a primeira de marzo realizamos diferentes actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O alumnado de cuarto fixo un magnífico traballo de investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes ámbitos e que loitaron en prol da igualdade. Tamén recompilaron as biografías das súas mulleres : bisavoas, avoas, nais , curmás, irmás, veciñas...Mulleres anónimas, pero non por iso menos importantes. Con todas as biografías destas mulleres confeccionaron un mural.
O resultado deste magnífico traballo de investigación amosáronolo na Gala de entrega dos premios dos concursos que organiza o CIM co gallo do Día Internacional da Muller. Este acto tivo lugar no Centro Social da nosa vila.

Realizáronse ademais outras actividades nas que participou todo o alumnado do centro. Como o tema do PDI deste curso é a alimentación, estivemos investigando sobre si a discriminicación de xénero afecta a alta cociña. Lemos na Hora de Ler e na hora de biblioteca diferentes artigos de prensa e outros sacados de diferentes blogs que adaptamos ao noso alumnado, nos que se constata este feito e se denuncia a discriminación da muller na alta cociña. Cabe sinalar o de Yolanda Domínguez (artista visual e experta en comunicación e xénero) co título : "¿Dónde están las mujeres en la alta cocina?". O enlace ao blog é o seguinte :
Despois de realizar varios debates, puxémonos a indagar sobre mulleres chefs e así foi como descubrimos a María Marte. A súa vida é unha fermosísima historia de superación que nos engaiolou desde o principio. Empregamos diferentes estruturas da aprendizaxe cooperativa para aprender máis cousas desta incríbel muller: a lectura compartida para ler a súa biografía, e o lapis ao medio para cubrir esta ficha de comprensión.
O obxectivo fundamental deste traballo era que o noso alumnado tomase exemplo desta valente muller e que se quedase coa esencia da súa historia...
"Os soños están para cumprirse e os obstáculos e as barrieras para derrubarse"
"Con esforzo e traballo conseguiremos o que nos propoñamos"
8 de marzo, Día Internacional da Muller
O pasado venres, vivimos unha xornada moi especial. Asistimos á gala de entrega dos premios dos concursos que o CIM (Centro de Información ás Mulleres) organiza cada ano co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Este ano houbo varias novidades, por exemplo:
- En lugar de celebrarse o 8 de marzo, celebrámolo o 9 porque o Día da Muller, as mulleres da vila concentráronse diante do concello en pé de folga para reivindicar a IGUALDADE REAL.
- Ademais do concurso de viñeta que se vén desenvolvendo desde hai 12 anos, nesta ocasión, convocouse o 1º certame de Relato Xuvenil con diferentes categorías.
O acto estivo presidido por diversas autoridades da vila, entre as que se atopaban a Concelleira de Igualdade, a directora do CIM, o alcalde e varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal. A encargada de abrir o acto foi a Concelleira de Igualdade, Dna. Ana Isabel Otero Pastoriza, que dou lectura a un sentido discurso.
Seguidamente, o alumnado de cuarto do noso cole encargouse de levar a cabo a DECLARACIÓN INSTITUCIONAL. Que fermosísima actuación! Baixo o título "Mulleres famosas, mulleres nosas" fixeron un percorrido polas biografías de mulleres ilustres que ao longo da Historia loitaron por acadar a igualdade de xénero e que destacaron en diferentes ámbitos. Pero o que de verdade lle conferiu un carácter absolutamente emotivo foi o emparellamento de cada unha desas mulleres célebres coa biografía das nais, as avoas, as bisavoas destes nenos e nenas... mulleres anónimas, valentes, loitadoras, queridas, moi queridas! A canción "Matriarcas" de Guadi Galego puxo banda sonora a esta mostra que nos trouxo as bágoas aos ollos a moitas e moitos dos que alí estabamos.

Esta representación tan fantástica foi a culminación dun gran traballo que estiveron realizando durante todo un mes. Primeiro traballaron o texto da biografía e logo realizaron un traballo de investigación sobre diferentes mulleres, co que aprenderon moitísimas cousas que logo compartiron con todos nós. Se queres ver o Power Point que empregaron como fondo, preme na seguinte imaxe.
Xa na entrega de premios, aplaudimos os traballos seleccionados, entre os que se atopaban algúns dos nosos compañeiros e compañeiras.
Laura Brocos de 6ºA, mención especial no concurso de viñeta e ilustración.
Unai Parada, Laura Pérez e Adrián Piñeiro de 5ºA, gañadores na categoría de Relato Xuvenil (traballo en equipo) pola biografía de María Purificación Gómez González.
Noraboa a todos e todas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)