Ola amiguiños e amiguiñas:
Como o ides levando? Eu estou moi contento pois chegáronme novos vídeos con poemiñas chulísimos. Ollade!
Vega Cruz Gómez de 1ºA le un poema do libro Poemas con piruleta. Moi ben, Vega! Eu tamén vos boto moito de menos! Estou desexando veros.
Xela González de 4 anos recita un divertido poema sobre as vogais. Gústame moito, Xela!
Noa Reboiras González de 3ºB le un poema de Gloria Fuertes, que nos conta como debuxar un neno. Falo xenial, Noa! Noraboa por esa gran interpretación!
Moitísimas grazas, rapazas!! Encántanme!!!
Biquiños e unha forte, fortísima aperta. Coidádevos moito!
Moi ben rapaces e rapazas! Da gusto escoitarvos, sodes os que dades alento nestes tempos que corren.
ResponderEliminarRosa