xoves, 20 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS: 18 OUTUBRO

 Benqueridos amiguiños e amiguiñas: 

Para celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS propóñovos unha actividade de investigación partindo da exposición onde se atopan algúns dos libros que temos no bibliocastelo e que foron escritos por mulleres. 

Imos ver o bo investigadores/as que sodes!!!

 

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

mércores, 22 de xuño de 2022

DESPEDIDA!

 Ola amiguiñxs!

Supoño que estades moi contentos. Por fin as vacacións de verán! Eu estou un pouco triste porque teño que despedirme dos meus axudantes. Fixeron un traballo incríbel, axudáronme un montón! Ollade que guapos e guapas están!





Noraboa polo voso traballo! Estou moi orgulloso de vós! Moitísimas grazas pola vosa axuda! Botareivos de menos!

O ultimo día de cole foi a festa de graduación. Houbo varios obradoiros: de cociña, sinatura de camisetas, de peiteado e maquillaxe...Logo un festival chulísimo co que deleitaron aos asistentes con diversas actuacións. A profe Anita fixo un precioso vídeo cos mellores momentos deste inesquecíbel día. Ollade! 


As mestras e mestres do CEIP a Pedra e máis eu desexámosvos un futuro de éxitos e bonanza no que cadaquén de vós atope o seu camiño cara un desenvolvemento pleno. E sobre todo, lembrade que vos queremos! Boa sorte!
Biquiños

 

xoves, 16 de xuño de 2022

CAMPAÑA DE LECTURA PARA O VERÁN

Ola amiguiñxs!

Como estades? Como xa queda moi pouquiño para as vacacións e para que poidades seguir gozando do placer da lectura durante o verán, imos levar a cabo, como todos os anos, unha campaña de lectura. Ollade con atención a seguinte imaxe, nela tedes toda a información.

Non vos esquezades! Agárdovos no Bibliocastelo!

Biquiños




martes, 14 de xuño de 2022

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS

 O 14 de xuño celébrase o Día da Lingua de Signos e coa axuda de Rosa Louro elaboramos este video para manifestar o noso apoio e amosar todo o que estamos aprendendo desta lingua grazas a ela.

Verdade que nos quedou moi chulo? Que opinades?

 

1º PREMIO XOGA COAS MANCIÑAS

 Hoxe estamos de noraboa xa que a nosa escola ven de gañar o 1º PREMIO da V CONVOCATORIA "XOGA COAS MANCIÑAS", este ano con carácter autonómico.

Esta mañá foi a gala de entrega de premios na Deputación de Pontevedra e debido ás limitacións de aforo asistiron, en representación da escola, o alumnado de 2º A e a súa mestra Rosa, acompañados de Berta e Rosa Louro.

 
Os nenos/as que asistiron á gala recibiron un broche co nome do concurso proposto pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA)

Ademais agasallan á nosa escola cun Obradoiro Contacontos en Lingua de Signos.

 
No video presentado ao concurso participou todo o alumnado e profesorado do cole interpretando a canción do 50 aniversario da nosa escola en lingua de signos, baixo a dirección de Rosa Louro, a nosa intérprete de signos.

mércores, 8 de xuño de 2022

8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 Ola amiguiñxs:

Hoxe teño unha noticia moi importante que contarvos. Co gallo da celebración do Día Mundial dos Océanos unha emisora ambulante de Onda Cero emitiu un programa especial dende o Estaleiro de Purro, que como moi ben sabedes está situado na Banda do Río. O programa chámase Más de uno provincia de Pontevedra. Nel participou o alcalde do noso concello, Félix Juncal Novas,  Aixa Framil Cerviño e Mateo Barcia Martínez, alumnos de 5ºA do noso cole.



Se queredes escoitar todo o programa premede na seguinte imaxe. 

Parabéns para Aixa e Mateo. Fixérono xenial!
Biquiños





O BANCO DA AMIZADE DE PAPIRUS

 Ola amiguiñxs:

Hoxe estou supercontento! Xa están listos os bancos da amizade, os bancos de Papirus! Foi un traballo colaborativo estupendo. Primeiro, varias persoas do Centro Juan XXIII de Cangas fixeron os bancos de madeira. Logo a profe Anita de 3ºB foi a encargada do deseño. Debuxoume a min en cada un dos bancos. Quedei guapísimo, non si? Ollade!


E finalmente, os meus axudantes, a rapazada de 6º dirixida pola profe Anita, foi a encargada de rematar a decoración dos bancos. Foron quenes me pintaron.


Este é o banco  que pintou o alumnado de 6ºA e os artistas  e as artistas que traballaron arreo.


Estoutro é o banco decorado polos pintores e pintoras de 6ºB. Foron días de moito traballo, pero tamén de moitas risas. Ollade canto traballaron e o ben que o pasaron!


Quedaron espectaculares!!! Moitísimas grazas as persoas de Juan XXIII, a profe Anita e por suposto ao alumnado de 6º que colaborou, aos meus queridísimos e queridísimas axudantes! Estou moi orgulloso de vós!

Biquiños