Co gallo do noso proxecto sobre A ARTE, durante o primeiro trimestre e parte do segundo deste curso, estivemos coñecendo a algúns artistas destacados da nosa zona, O Morrazo. Premede nos nomes e saberedes como o fixemos:
martes, 27 de xaneiro de 2015
luns, 22 de decembro de 2014
LECTURAS PARA O NADAL
INFANTIL:
O soño de Esther
O paraguas dameaguas
Sin miedo a decir te quiero
PRIMEIRO PRIMARIA:
A fuxida do mar
La lisa de cumpleaños
SEGUNDO PRIMARIA:
Quen me quere adoptar?
La mamá de la mamá de mi mamá
TERCEIRO PRIMARIA:
Fray Perico y su borrico
CUARTO PRIMARIA:
Aprendiz de detective. Un robo muy costoso
QUINTO PRIMARIA:
Trampa para un pintor
A volta ao mundo en 80 días
SEXTO PRIMARIA:
Un hotel en la bahía
Volvo! O regreso de Usha
xoves, 18 de decembro de 2014
UN NADAL ARTÍSTICO
A través desta postal compartimos con toda a Comunidade Educativa o resultado dun magnífico traballo feito polo noso alumnado. Este fermoso mural colaborativo atópase na entrada do cole e con el damos comezo as Festas de Nadal. Para ter maís información preme na imaxe.
sábado, 13 de decembro de 2014
ESTE NADAL AGASALLA GALEGO!
Dende a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Morrazo, en colaboración cos centros escolares da zona vense de elaborar unhas Guías de Lectura con recomendacións e novidades lectoras para este Nadal.
GUÍA ENSINO INFANTILGUÍA ENSINO PRIMARIA
mércores, 10 de decembro de 2014
REVISTA GALEGA CRIATURAS
Acaba de nacer CRIATURAS unha nova revista dixital de literatura infantil e xuvenil de Galicia, coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa.
Premendo nesta imaxe accederás ao número 0 en formato PDF. Nesta primeira revista atoparemos, entre outros, un monográfico do clásico de Maurice Sendak "ONDE VIVEN OS MONSTROS", un pequeno bestiario da literatura universal e un diálogo con Jacobo Fernández Serrano.
xoves, 4 de decembro de 2014
RECURSOS PARA O NADAL
venres, 28 de novembro de 2014
INVESTIGAMOS SOBRE ALIMENTACIÓN
Co gallo do mes da ciencia en galego, o alumnado de terceiro de primaria iniciouse no traballo de científico cuns resultados excelentes.
Investigaron sobre a alimentación. Primeiro recolleron folletos de alimentos dos distintos supermercados da vila e con eles fixeron unha pirámide de alimentos que lles permitiu ver, dunha forma moi visual, que alimentos deben comer a diario e con máis frecuencia e cales deben consumir ocasionalmente.
Despois averiguaron o que lle aportaba cada alimento e que nutrintes contiñan (vitaminas, proteinas, graxas, hidratos de carbono...) e remataron facendo unha roda de alimentos.
Para saber máis acudiron ao Bibliocastelo e alí sentíronse "aprendices de científicos" de verdade.
Comprobaron, cun sinxelo experimento que alimentos contiñan graxa e cales non. Colocaron diferentes mostras de alimentos sobre folios brancos. Despois de secalos cunha estufa, colocáronnos ao trasluz nas ventás. Quedaron moi sorprendidos co resultado obtido.
Como remate, con todo o aprendido, elaboraron uns murais onde explicaban como sería un menu equilibrado e saudable (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea). Explicaron que lles aportaba cada alimento.
.
COMO SUBE A AUGA POLO TALO DUNHA FLOR
Nesta ocasión o alumnado de segundo de primaria quixo comprobar como as flores absorben a auga. Empregando colorante alimentario de diferentes cores foi moi sinxelo observar o cambio de cor nos pétalos.
Neste video pódese observar todo o proceso:
Neste video pódese observar todo o proceso:
QUE COUSAS NON MOLLA A AUGA?
Os rapaces e rapazas de primeiro de primaria fixéronse esta pregunta: "Que cousas non molla a auga?"
Puxéronse en marcha para descubrir a resposta nun libro que se atopaba na biblioteca.
É entón decidiron comprobar as súas pescudas cun experimento científico:
Meteron unha vela apagada en auga e outra en aceite e esperaron a ver o que pasaba...
Se queres saber cal foi o resultado desta investigación bótalle un ollo a este video:
martes, 25 de novembro de 2014
O NOSO COLE É PREMIO NACIONAL
![]() |
| Portada do proxecto presentado |
Hai unha semana recibimos, vía telefónica, a marabillosa nova de que resultamos gañadores nun concurso do Ministerio de Educación!!!
O domingo 16 de novembro o Faro de Vigo na edición do Morrazo xa avanzaba a nova.
O xoves 20 de novembro saiu publicada a resolución no BOE. Somos catro os centros galegos galardoados nesta convocatoria nas distintas modalidades.
Pola nosa parte, sentímonos moi satisfeitos polo recoñecemento ao noso traballo, feito con moita ilusión e cariño.
É un premio compartido con toda a Comunidade Escolar: empezando polo alumnado que é o noso motor, a eles diriximos todos os nosos esforzos.
Seguindo pola inestimable colaboración das súas familias que están aí, apoiando o noso labor.
E por último, salientar o traballo incansable de todo profesorado na aula e moitas veces, tamén, fora do seu horario que permitiu sacar adiante este proxecto
Sen todos eles, gañar este premio non tería sido posible. Este recoñecemento danos novos folgos e impulsanos a seguir traballando e mellorando.
luns, 24 de novembro de 2014
DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Co gallo da conmemoración do día 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou entre os centros educativos, o XIII concurso de carteis "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
No noso cole resultou premiada co 1º Premio de Educación Primaria: CARLA ALFAYA PORTELA 6ºA que participou cun orixinal debuxo baixo o lema "Non cales e verás a vida doutra cor"
Tamén recibirón unha mención especial:
INÉS BRIÓN MARTÍNEZ 5º A co lema "Tecendo un mundo mellor sen violencia de xénero"
GUISEPPE GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 6ºA co lema "Xa non poderás interferir nos meus soños"
TEO CALVAR PARADA 6ºA co lema "A fórmula do amor é: a liberdade máis o respecto"
A entrega de premios será o día 25 ás 12:00 horas no Centro Social do Mar de Bueu.
venres, 21 de novembro de 2014
A APÓCEMA DO BRUXO
Esta semana o Bibliocastelo converteuse nun laboratorio científico. O alumnado de segundo escolleu dun libro un experimento científico. Despois estudaron os ingredientes necesarios e os pasos para a súa realización.
A continuación, os nosos pequenos investigadores puxéronse mans á obra. Coa axuda das profes fixeron unha mezcla e observaron a reacción química que se produciu ao mesturar o bicarbonao sódico co ácido acético do vinagre.
Neste video podedes ver o ben que o pasaron con esta sorprendente experiencia e o moito que aprenderon:
mércores, 12 de novembro de 2014
CIENCIA EN GALEGO NO BIBLIOCASTELO
Co gallo da celebración do Mes da Ciencia en GALEGO na Biblioteca Escolar, Papirus agasallounos con este expositor con títulos relacionados co tema, en lingua galega, por suposto.
![]() |
| PREME NA IMAXE |
Exemplares variados, sobre o Planeta Terra, Charles Darwin, Curiosidades, O mar, Animais , As Illas Cies, Preguntas que poñen os pelos de punta, Cogomelos, Calor e Enerxía... Están todos á vosa disposición para levar en empréstito ou ler na biblioteca.
martes, 11 de novembro de 2014
NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Este ano iniciase esta actuación cunha imaxe alusiva e un MANIFESTO do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.
Premede na imaxe para acceder á páxina de Bibliotecas Escolares, onde atoparedes máis información e poderedes ler o texto íntegro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















