Ademais, nos atrevemos a gravar na radio do cole contando a nosa experiencia e recomendando algún libro aos compañeiros/as.
Foi unha actividade moi divertidavenres, 20 de febreiro de 2026
FERIÓPOLIS NO CLUB DE LECTURA DE PAPIRUS
luns, 26 de xaneiro de 2026
FORMACIÓN RADIO ESCOLAR
O luns e martes 19 e 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar no Bibliocastelocon Gabriel Paz que veu traballar na radio co alumnado de 5º de primaria.
Que aprendeu o noso alumnado? Pois primeiro a traballar en equipo e a dar o paso de poñerse á fronte dun micrófono e tamén formáronse nas nocións básicas de radio e podcast, así como das súas diferenzas.Cales foron os resultados?
O alumnado de 5º-A elaborou un programa deportivo titulado “Os deportistas récord”. O programa
estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste primeiro bloque resúmense xornadas deportivas. Neste caso, o enfrontamento entre o
Bueu Atlético Balonmán e o San Bartolomeu de Moaña.
Bloque 2: Entrevístase a Fran Loira e Elsa Martínez, alumnado do colexio que dedica o seu tempo libre á natación.
O alumnado de 5º-B elaborou un programa musical titulado “Tolos pola música”. O programa estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste apartado o alumnado recomenda cancións ás persoas oíntes.
Bloque 2: O alumnado entrevista a cantantes famosos. Neste caso, dúas alumnas fanse pasar por Karol G e Shakira.
venres, 19 de decembro de 2025
MELLORES LECTORES/AS DO BIBLIOCASTELO
Ola amiguiños e amiguiñas:
Agora que remata o trimestre e se achega o Nadal, gustaríame felicitar aos rapaces e rapazas que máis libros levaron en empréstito da nosa biblioteca dende setembro, porque LER É IMPORTANTE E SE O FACEMOS POR GUSTO É UN PRACER.
1º PREMIO: Izan Garrido de 4º primaria
2º PREMIO: Uxía Loira de 5º infantil
3º PREMIO: Aroa Bastón de 4º primaria
4º PREMIO: Alba Carballo de 4º de primaria
5º PREMIO: Sheyla Ares de 4º de primaria
O xoves 18 de decembro durante o recreo van recibir unha pequena homenaxe e un agasallo porque LER PAGA A PENA SEMPRExoves, 18 de decembro de 2025
3º XUNTANZA DO CLUB DE PAPIRUS
Nos últimos días de decembro, antes das vacacións de Nadal, o Club de Papirus volveuse xuntar no Bibliocastelo. Nesta ocasión para cambiar impresións sobre os libros O PAÍS DA CHOIVA de Miguel Ángel Alonso e EL VALLE DE LOS LOBOS de Laura Gallego.
Un saúdo e BOAS FESTAS! VÉMONOS Á VOLTA CON NOVAS LECTURAS!!!
luns, 15 de decembro de 2025
GUÍAS DE LECTURA NADAL
SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS
Compartimos as lecturas seleccionadas pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrzo para que agasalledes LECTURAS EN GALEGO.
luns, 1 de decembro de 2025
LER NO NADAL
Ola amiguiños e amiguiñas,
Aquí vos deixo algunhas recomendacións de lecturas invernais e de nadal para gozar no sofa, envoltos na manta, neses días de frío e chuvia.
venres, 21 de novembro de 2025
2ª XUNTANZA DO CLUB DE PAPIRUS
Nesta segunda xuntanza, primeira para o grupo intercambiamos as nosas impresións sobre o libro LAS HERMANAS INVIERNO de Joland C Bertrand.
En xeral pareceunos un libro moi interesante pero algo longo polo que algúns/has non poideran rematalo pero prometeron facelo xa que estaban gozando moito coa súa lectura.
Este grupo foi un pouco máis esixente xa que lle deron un 8.6 de puntuación.xoves, 20 de novembro de 2025
MES DA CIENCIA EN GALEGO
O bibliocastelo encheuse de ciencia. Varios grupos acudiron a noso espazo científico para aprender experimentando.

venres, 14 de novembro de 2025
SEGUINTES PROPOSTAS LECTORAS
EL VALLE DE LOS LOBOS de Laura Gallego (Crónicas de la Torre I) conta a historia de Dana, que se criou xunto cos seus irmáns levando unha vida normal. Un día o Maestro levouna con el á Torre no valle dos Lobos e non se imaxinaba que a súa vida ía mudar para sempre e se ía converter na depositaría de segredos tan máxicos como antigos. Que aventuras lle depara o destino? Fantastico libro onde nos achegamos a un mundo cheo de seres máxicos e criaturas sobrenaturais.
xoves, 13 de novembro de 2025
1ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Reunímonos no Bibliocastelo para comentar o libro Queco e Kika de Eva Mejuto.
A opinión xeral foi que lles gustou moito e ata lle puxeron unha puntuación de 9, aínda que a algun/ha non lle dera tempo de rematalo.
mércores, 29 de outubro de 2025
FORMACIÓN DE USUARIOS
Ola amiguiños e amiguiñas,
Teño unha proposta para que coñezades mellor a nosa biblioteca. Deixovos no mostrador da biblio unha caixa FORMACIÓN DE USUARIOS para que cando vaiades coas vosas titoras/res poidades descubrir os segredos que garda.
Vouvos dar un adianto do que contén. fichas e xogos para coñecer mellor todos os espazos do Bibliocastelo. Aprenderedes a movervos pola biblio e a atopar calquera libro ou material que queirades buscar.
![]() | ||
| Mural coas normas en rima feito polo alumnado de 4º |
Agardo que vos guste e que vos convirtades en expertos bibliotecarios/as.
luns, 27 de outubro de 2025
RECREOS DE CONTO
As miñas axudantes son moi creativas e por iso decidiron crear unha historia de Samaín, con bruxa e canción de TIK TOK incluídas.
Convidaron ao alumnado de 1º e 2º o mércores 21 de outubro.
Aquí vos deixo unha mostra da súa interpretación que espero vos guste moito:
.jpeg)








.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)







.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)













