O mércores 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Centro Social do Mar. Pasámolo estupendamente e disfrutamos moitísimo coas maravillosas actuacións do noso alumnado. Cantamos e bailamos algunha canción de Nadal, gozamos dalgunha representación teatral e rimos co clube do chiste. Pero aínda houbo máis...
Cando voltamos ao cole estábannos agardando as súas maxestades: Melchor, Gaspar e Baltasar, recén chegados de Oriente que nos agasallaron cunha bolsa de lambetadas.
En agradecemento por vir desde tan lonxe os maoires cantáronlles o seu "rap especial de reis"
Para rematar a xornada compartimos unha deliciosa merenda nas aulas.
Que máis se pode pedir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario