Ensinounos moitas cousas así que vou facer un resumo da súa charla, que foi moi interesante.
Falounos de cogomelos velenosos como a AMANITA MUSCARIA tamén chamada "Escornabois" porque di que volve tolas as vacas cando a comen. A AMANITA PANTHERINA e a AMANITA PHALLOIDES todas moi velenosas e mortais. Non debemos nin achegar a nosa boca a elas porque teñen 32 sustancias nocivas que producen un efecto fatal sobre o figado.
As INOCYBES son outros cogomelos velenosos e moi perigosos. Cando as comes parece que non fan dano pero se se toman bebidas alcohólicas nas 48 horas anteriores ou posteriores, ou se comes moitas, pouco a pouco as súas sustancias van pasando ao sangue e afectando aos riles, ocasionando a morte.
Tamén nos falou de cogomelos comestibles, como unha Amanita moi parecida a Muscaria, chamada RUBESCENS ou CAESARIS porque era a comida dos Césares da Antiga Roma. En castelán é coñecida como "HUEVO DEL REY" porque é tan deliciosa que era un privilexio só reservado aos reis. Nacen preto dos carballos. Son moi caras e moi apreciadas. En Extremadura as cocen nunha cazola de barro con pemento, cebola e porro.
A MACROLEPIOTA PROCER ou ZARROTE e un cogomelo enorme que ten unha curiosidade no seu anel, que é a movilidade. Cando nacen e ainda están pechadas chámanse MONXES, pola súa forma e aínda son máis apreciadas. Nacen a montóns na zona de Lugo (Melide, Sarria, Lalín...) Para preparalas, a avoa de Xabier quitáballes a pel que tiñan encima porque se non amarga un pouco e despois de cortalas en anacos pequenos, embadurnaba a cociña de ferro con graxa de porco para fritilas, condimentadas cun pouco de sal fina. Tamén se poden fritir nunha tixola con aceite e sal.
Antes de rematar a súa exposición micolóxica dounos unha RECOMENDACIÓNS MOI IMPORTANTES:
- Se non coñecedes os cogomelos non debedes collelos e moito menos probalos, son moi perigosos e algúns mortais.
- Sempre hai que ir recoller cogomelos con alguén que os coñeza.
- Debemos protexelos, non pisalos nin collelos porque se non desaparecen e nese lugar non nace outro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario