martes, 30 de novembro de 2010

MEDRANDO EN VALORES

Comenzamos aquí unha nova viaxe tratando de compartir experiencias, expectativas e necesidades co noso alumnado e as súas familias.
Con este proxecto que arranca agora queremos mellorar a convivencia escolar e familiar camiñando cara unha igualdade de dereitos e oportunidades.
Baixo o lema "MEDRANDO EN VALORES" pretendemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como o respeto, a tolerancia, o esforzo, a honestidade, a solidariedade, a igualdade e a cooperación.
Sabemos que a familia é o primeiro nucleo de socialización do individuo e o primeiro transmisor de valores. Por esa razón lle daremos participación a través das "carpetas de valores" que chegarán as casas nesta semana con información, recomendacións e algunha tarefa para realizar toda a familia.
Se premes no cartel que elaboramos para este proxecto, accederás ao noso mundo especial de valores. Nel irán aparecendo todas as actividades que faremos ao longo de todo o curso. Tamén podes acceder a través da páxina web do centro ou no enlace que hai no lateral deste blog.


Ningún comentario:

Publicar un comentario