Como xa estamos preto do día do libro (23 de
abril) este ano queremos lembrar unha obra en galego que ven de cumprir 50 anos
dende a súa primeira edición en 1961, MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas.
Trátase dunha obra de estrutura e linguaxe
sinxela na que o autor conta dende a ollada dun neno a realidade da vida na aldea.
Balbino
é a personificación do propio novelista, un neno sumerxido nun mundo pechado dunha aldea no interior de
Galicia, ata que se ve obrigado a
emigrar.
Esta obra tivo un grande éxito e ten a honra de ser o libro máis
lido da literatura galega, estando
traducido a 17 idiomas.
O seu autor, Xosé Neira Vilas ven de presentar esta mesma semana un novo libro que garda certa similitude co anterior e que leva por título ESPERANDO O LEITEIRO.
Para afondar un pouco máis no coñecemento do
autor e a obra aquí tedes un LIM que foi
elaborado polos equipos de Dinamización e Tics do Ceip de Frian-Teis.
Preme na imaxe |
Ningún comentario:
Publicar un comentario