venres, 4 de maio de 2012

BOTE POLBEIRO "MAR DA PEDRA"

Xa temos o noso marabilloso bote polbeiro no corredor do Bibliocastelo. Pero non pensedes que é  de mentira que foi feito con planos auténticos e moitas horas de dedicación para conseguir un efecto tan real. Incluso se consultaron cos expertos da zona que non dubidaron en vir axudar. 
Talmente parece que escapou da Ría e chegou ata as nosas portas. 
Temos que agradecer a Irene e a Lía o seu traballo desinteresado e cheo de ilusión, xa que elas  foron as artífices, tanto da man de obra como das ideas. 
Sodes estupendas rapazas!!! Foi un placer traballar con vós e que saibades que xa formades parte do bibliocastelo e Papirus non vos esquecerá. 
Tamén queremos desde aquí agradecer a Ramón (o noso superconserxe que sempre se implica para colaborar coa biblioteca en calquera actividade) pola súa valiosísima axuda e boas ideas e por último a Martín que sempre está aí disposto a axudar e colaborar.
Neste video podedes ver o laborioso proceso de elaboración que se prolongou durante  moitas semanas e o impresionante resultado final. 

1 comentario:

  1. Onte cando estiven lendo e admirando os canapés literarios botei de menos non ver neste blog a creación dese bote polbeiro do que tanto oín falar e aquí está esa marabillosa obra de arte.
    PARABÉNS Irene e Lía!!! Sodes estupendas!!!

    ResponderEliminar