martes, 12 de maio de 2020

QUE RICO!

Ola amiguiños e amiguiñas!
Xa me chegaron algunhas das vosas  receitas e fotos cociñando. Que pratos máis ricos facedes! Ollade!
Roque mándanos unhas empanadillas que fixo co seu pai. Que boa pinta teñen!




Raúl e a súa familia prepararon unha deliciosa torta de queixo. Por certo Raúl, moitos parabéns! Díxome unha paxariña que o venres estiveches de aniversario.
Por se queredes facer esta torta tan rica, mandáronnos a receita.

 Moitas grazas rapaces por compartir con nós as vosas receitas!

Mañá máis cousas!
Biquiños.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas. Pero, quen che dixo que o vernes foi o meu aniversasio???
    Bicos Raúl. (❁´◡`❁)(●'◡'●)

    ResponderEliminar