Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe estamos de celebración, é o día grande da nosa Lingua. Eu estou moi orgulloso de todos os traballiños que me enviastes para festexar esta data tan importante. Ao longo da semana estivéronme chegando unha morea deles. Agora vouvos ensinar os últimos que recibín. Ollade!
Antón Ríos de 3ºB fixo unha composición chulísima e moi orixinal cun fragmento de "Un becho estraño" de Mon da Porta. Encántame, Antón!
Daniela Carballo Agraso enviounos o poema "Descendencia" de Carlos Fontes, cunhas ilustracións moi chulas. Xenial Daniela!
Carla García Acuña de 1ºA mandounos un fermoso poema de Antonio García Teijeiro "Ventos" cuns debuxos chulísimos. Moi ben, Carla!
Manel González de 6ºA ilustrou moi ben un anaquiño do libro de Fina Casalderrey "A lagoa das nenas mudas". Xenial Manel!
Marcos Soliño de 3ºA mándanos unha carta moi ben ilustarda do libro "Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas. Moi chulo o traballo, Marcos!
Mariña Santiago Pazó de 3º B fixo unha composición moi primaveral cun fragmento do libro "Frederick" de Leo Lionni. Moi ben, Mariña!
Laura Agulla Pastoriza de 3ºA mandounos un poema de Gloria Sánchez do seu libro "Rimas con letra". Moi chulo, Laura!
Leire García Barreiro de 1ºA fixo unha fermosa composición cun poema de Carlos Fontes que aparece publicado no libro "Poemas con piruleta". Encántame, Leire!
Carlos Santaclara de 3ºB fixo un bonito traballo cunha estrofa do poema "Galicia docemente" de Manuel María, publicado no libro "Os soños na gailoa". Xenial, Carlos!
Saray Martínez de 2ºB mándanos un anaquiño dun poema de Carlos Fontes, do seu libro "Poemas con piruleta". Moi ben, Saray!
Marcos Martínez de 5ºB enviounos un poema de Carlos Fontes titulado "Pinto o mundo de cores".
Óscar de 6ºA realizou unha bonita composición cun fragmento de "A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey. Encántame, Óscar!
Moitísimas grazas rapaces e rapazas! Encántanme todos os traballiños que fixestes!
Lembrade que o Día das Letras Galegas non debe de ser un só día ao ano, teñen que ser todos os días. Amade e respectade a vosa lingua, xa que o idioma é o principal selo de identidade dun pobo.
Voume despedir cun fermoso poema de Ricardo Carbalho Calero, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, que lle dedicou a Rosalía de Castro.
Madrigal a Rosalía
A ti, sombra perdida, espírito pergavante,
que entre néboas de alén andas errante.
A ti, clara voz morta, ollos feridos,
pazo esquecido, outono
lonjano, chúvia
aceda sen lecer, sibila
chorosa; a ti que
tes
o corazón de lua
traspasado,
nas mans tremor de
maina bris que ri,
as fazulas aradas pola
dor
-oh estadea de bágoas
sen fin-
e na fronte un fantasma
aluarado:
a ti,
de min,
aos pes,
a flor
Ningún comentario:
Publicar un comentario