Que calor! Estades indo á praia? Eu boto de menos un bañiño en auga salgada.
Lembrades que un día vos ensinei unha receita de cociña e vos invitei a que cociñerades vós e me enviásedes fotos? Pois o outro día, Saray de 2º envioume fotos de dous postres que fixo ela coa axuda da súa nai: emapanada de mazá e torta de queixo. Ollade!
Moitas grazas, Saray por compartilas con nós. Estás feita toda unha cociñeira!
Mañá máis cousas.
Biquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario