Como estades? Eu estou moi contento porque xa me chegaron algúns traballiños vosos cargadiños de palabras fermosas e fragmentos de libros escritos en galego para homenaxear as nosas Letras. Ollade!
Esta é a aportación de Raúl de 4ºA, un fragmento de "A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey. Un libro moi fermoso!
Diego de 6º de Infantil , mándanos un anaquiño de "Once damas atrevidas" de Oli.
Jonathan de 6ºB fixo unha fermosa flor cun fragmento do poemario "Aires da miña terra" de Manuel Curros Enríquez no seu interior.
E Roi de 3ºB envíanos un fragmento da canción "Eu teño alguén" de María Fumaça.
Moitísimas grazas rapaces! Encántanme!!!
Biquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario