mércores, 23 de setembro de 2020

23 DE SETEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

 

Ola amiguiñxs:

Hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos, proclamado pola ONU, baixo o lema:

"As linguas de signos son para todos"

Teño que contarvos unha nova que seguro que a maioría non sabedes, este curso temos no cole unha intérprete desta lingua. Chámase Rosa e vainos ensinar a comunicarnos mediante señas. Contoume que tamén nos vai ensinar a miña canción nesta lingua, aínda que sexa só o retrouso. A que é xenial? Estou desexando aprendela. A rapazada de primeiro, os antigos trasniños, xa son todos uns expertxs.  Hai dous anos gañaron o 1º premio do concurso "Xoga coas manciñas" pola interpretación do conto "A princesa do Caurel" en lingua de signos. Vouvos poñer outra vez o vídeo para que refresquedes a memoria. Velaí vai!

 

Fano xenial, non si?

Agora amósovos outro conto en LSE, neste caso "A mellor sopa do mundo" da editorial OQO, grazas a EI As abelliñas.

Estou desexando aprender esta lingua, aínda que con oito tentáculos coido que non vau ser doado...

Biquiños.



Ningún comentario:

Publicar un comentario