domingo, 3 de abril de 2022

VITORIA OGANDO E ANXO GONZÁLEZ NOS VISITAN

Co gallo do 50 aniversario do noso centro, este venres o alumnado de 3º e 4º recibiu a Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º. 

Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet :  

ogalego.eu ou ogalego.gal.

Nesa páxina, podemos atopar múltiples recursos interesantes para axudarnos co galego: teoría e exercicios de gramática tanto para primaria coma para secundaria, xogos coma o aforcado para repasar o vocabulario, contos, adiviñas, cantigas tradicionais con letra e música...

Tamén participan na redacción da Galipedia, a wikipedia galega, e Ánxo foi o que lle fixo a entrada a Arturo Sánchez Cidrás, avó dunha compañeira de 3º.



Ambxs colaboran, de xeito moi activo, tamén na GALIPEDIA, que é como poderedes imaxinar, a wikipedia en galego. Igualmente clicando no seguinte enlace poderedes acceder:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada


Contáronnos moitas anécdotas da súa vida, pero sobre todo nos falaron do amor pola lingua galega. Tanto Vitoria como Anxo foron mestres de galego en institutos de Pontevedra.

Anxo contounos, que actualmente tamén colabora no programa LUAR da TVG, facendo, precisamente de mestre. 

 UN AUTÉNTICO PRACER COÑECERVOS!!!

mércores, 30 de marzo de 2022

PACO NOGUEIRAS VISITA A PEDRA

 O 30 de maio Paco Nogueiras visitou ao alumnado de infantil. Chegou co seu acordeón e unha maleta chea de libros e marabillosas historias que contar. 

PREME NA IMAXE

Cantamos, contamos e fixemos ritmos. Houbo moita diversión, foi unha visita máxica.

PREME NA IMAXE


sábado, 26 de marzo de 2022

ANA ALONSO VOLVE AO BIBLIOCASTELO

O venres 25 de marzo tivemos o pracer de recibir no Bibliocastelo á unha das nosas escritoras favoritas: Ana Alonso. 

Este trimestre, o alumnado de 3º de primaria leu o seu libro MISIÓN TIERRA 5. Encantoulles!!!

 


E o alumnado de 4º de primaria o libro de poemas: OLOR A MAR, SABOR A CHOCOLATE que lles gustou motisimo! 

Contounos moitas anécdotas de cando era nena. Díxonos que sempre lle gustou ler e que a súa casa estaba chea de libros. Cando tiña, máis ou menos a nosa idade empezou a escribir poesía. Era unha nena moi tímida e escribir permitíalle desfogar todas as súas emocións. Escribía para ela, ata que un día se atreveu a presentarse a un concurso e gañou. Iso doulle seguridade en si mesma. 

Na actualidade leva escrito máis de 200 libros... 

 Ana, leunos algún dos seus poemas, pero cando se enterou que nós tamén recitabamos e que fixeramos un recital de poesía pediunos que foramos nós quen llo fixeramos a ela.

 Asinou todos os libros, incluído os dous libros que fixemos despois de ler o libro. Gustounos moito a súa visita e quen sabe, ao mellor temos algún ou algunha futura escritora! Porque o que sí xa temos é ARTISTAS!

 


MOITAS GRAZAS ANA!!!

 
 


mércores, 23 de marzo de 2022

BÚSCASE A TALENTO

 Ola amiguiñxs:

Hoxe a rapazada de 3ºA acompañou ao seu compañeiro Goro Couso García á Deputación Provincial de Pontevedra a recoller un premio. 







Ademais dos seus compañeiros e compañeiras, Goro tamén estivo acompañado pola súa familia.



  Foi un dos tres premiados no concurso Búscase a talento.



Este concurso foi organizado pola Deputación de Pontevedra para o alumnado de 3º e 4º de primaria para promover o xoguete igualitario. Consistiu en crear unha máscara, un personaxe divertido, creativo, orixinal, libre..., cos materiais que aportaban. Podíase empregar calquera técnica artística. Cabe sinalar, que o traballo gañador de Iria Portabales do CEIP Virxe do Rocío de Vigo, vai ser o protagonista dun conto infantil, que vai escribir Ledicia Costas. De feito, un dos mellores momentos da gala, foi cando a propia escritora apareceu na pantalla para comunicar que ela escribirá o conto co Talento gañador como protagonista. Estou desexando ler o conto que vai escribir Ledicia. Seguro que é fantástico como todo o que ela escribe!


Ollade os traballos gañadores!


Chulísimos, non si? Uns traballos moi orixinais!!! Noraboa a todos e todas que participaron e sobre todo a Goro polo premio e pola fantástica máscara que realizou. Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe!


Un dos agasallos que recibiu o centro foi unha actuación do grupo MIGALLAS que estivo no cole co alumnado de 3º,  o 10 de maio.
 
Biquiños

 

luns, 21 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Ola amiguiñxs:

Hoxe é unha día moi importante, é o Día da Poesía. Para conmemorar esta data tan especial a miña casa, o Bibliocastelo encheuse de libros cargadiños de poemas. A rapazada de 4º estivo lendo un fermoso libro de poesía de Ana Alonso titulado "Olor a mar, sabor a chocolate". Logo realizaron un recital de poesía, na radio, con algúns poemas do libro. Escoitade o ben que o fixeron!

Noraboa por este fantástico recital!

O venres recibirán a visita de Ana Alonso. Que ben!

Xa vos contarei que tal foi a visita.

Biquiños



sábado, 19 de marzo de 2022

RECORDOS DA ESCOLA

Seguimos celebrando o 50 aniversario con visitas de persoas vinculadas dalgunha maneira á nosa escola. Nesta ocasión o alumnado de 6º tivo unha charla moi especial con Martín Calviño que ademais de ser o pai de María estudou nesta escola fai xa uns cuantos anos. 

 Se alguén coñece moi ben o noso cole é el porque a día de hoxe e dende hai máis de 10 anos segue formando parte del como persoal non docente.

 

Contounos moitas anédotas da súa vida escolar e ata nos trouxo documentación daquela época: boletíns de notas, diplomas, libros, fotos...


sábado, 12 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

 Este curso celebramos o entroido dunha maneira diferente a como facíamos sempre, pero polo menos nesta ocasión si que houbo festa e troula.

 Nas aulas fixéronse traballos de investigación, actividades plásticas e cantigas de entroido como se pode ver nas ligazóns que hai nas imaxes.

E non podía faltar o tradicional MANDADIÑO acumulativo que nos fixo vir ao colexio cada día cun accesorio ou roupa determinada.

2º PRIMARIA



martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: ENTREVISTAS RADIOFÓNICAS A MULLERES IMPORTANTES DO NOSO COLE

Ola amiguiñxs:

Hoxe é o Día da Muller Traballadora e para celebralo a rapazada de 4º entrevistou na radio a unhas mulleres moi especiais para nós. Son mulleres importantes que pasaron polo noso cole ao longo destes 50 anos. Son mulleres loitadoras, bravas e valentes. Tres mestras: Esther Lois, que foi directora durante varios anos do cole, Carmen Rogel e Rosa Blanco, que foi profe do alumnado de 4ºA cando estiveron en 1º e 2º de Primaria. Escoitade os seguintes podcasts con moita atención. Espero que vos gusten tanto como me gustaron a min.

  

Xenial! Moitas grazas por compartir con nós tantas vivenzas.
Tamén entrevistaron a tres exalumnas: María, Lara e Cris, que lembraron con moito cariño o seu paso polo cole. Escoitade con atención!

Moitísimas grazas, rapazas! Foi un pracer vervos! Non esquezades que este será sempre o voso cole e estaremos encantadxs de que veñades a visitarnos sempre que queirades. 

Biquiños


xoves, 24 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA

Ola amiguiños/as,  non sei se xa o sabedes pero a investigadora Sagrario Abelleira vén de facer público o achado duns documentos que alteran o que sabiamos sobre Rosalía de Castro, agora a data de nacemento da escritora ten que situarse no día 23 de febreiro de 1837, e non o día 24, como até o de agora se pensaba.

Menuda novidade!!! Para saber máis deste tema preme AQUÍ

Xa souben que estivestes aprendendo moitas cousas sobre ela e tamén que vos estivestes divertindo coas actividades que programamos dende a escola. 

Para que vexades todo o que estivermos facendo na escola aquí vos deixo unhas ligazóns:

MÉRCORES ROSALÍA 4º INF

O DÍA DE ROSALÍA 5º INF

O QUE SABEMOS DE ROSALÍA 6º INF 

O DÍA DE ROSALÍA 6º INF

DÍA DE ROSALÍA 1º

DECORANDO MUROS 2º 

RECITANDO A ROSALÍA 2º 

MURAL DE ROSALÍA 3º 

ROSALÍA 2022

PINTANDO A ROSALÍA 4º 

CONMEMORACIÓN DE ROSALÍA 4º 

DÍA DE ROSALÍA 6º

 

martes, 8 de febreiro de 2022

NOVIDADES

 Hola amiguiñxs:

Vouvos contar unha noticia que me encheu de ledicia. Acábase de publicar o segundo libro-disco de Víctor Castro, que é o autor e intérprete da miña canción, a canción de Papirus. O título é Un día con papá, os textos son da escritora Fina Casalderrey, as ilustracións de Paula Andrade e de Edicións Embora.

A canción número 6 A banda da lura Pilar, cantada pola profe Marta, fala dos meus amigos Catro Ollos, da lura Pilar, de Lía, Don Trebón e tamén de min. Ollade!



No Bibliocastelo temos varios exemplares deste libro para que poidades gozar del. Espero que vos guste. A min encántame!

Biquiños




domingo, 6 de febreiro de 2022

OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO

 Ola amiguiñxs:

A rapazada de 4º estivo realizando ao longo desta semana un obradoiro sobre guións radiofónicos, impartido por Denís de Radioespora. Primeiro comezou falándolles da importancia da radio como medio de comunicación, como a pesar de todos os avances tecnolóxicos e das redes sociais a radio segue empregándose. Logo ensinoulles como facer guións (imprescindibles en todo programa de radio). Comentoulles tamén a necesidade de ter unha boa dicción, falar con voz clara, cun ton e unha entonación axeitada... Tamén do papel importante da música, escoller unha boa banda sonora, empregar efectos especiais, etc.

A continuación, a través dun remuíño de ideas, cada equipo elexiu o tema do guión que ía  elaborar e logo puxéronse mans á obra! Escribiron os seus guións e finalmente foron á emisora a gravar os resultados. Ollade o ben que o pasaron!  

Os resultados deste obradoiro foron fantásticos. Xa son uns profesionais! Escoitade!


Noraboa, un traballo fantástico!

Biquiños


martes, 1 de febreiro de 2022

Representación teatral


Ola, amiguiños.
Estou moi contento co labor que están a levar a cabo os meus axudantes da Biblio.
Nesta ocasión, a través dunha pequena representación teatral Inés, Iván e Sara quixeron amosarnos valores moi importantes a ter en conta no noso día a día.
Esta obra, creada por eles mesmos, está feita con moita ilusión e entusiasmo. E nela lémbrannos a importancia do respecto.
Que a gocedes!


   

martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL!

Ola amiguiñxs:

Por fin as vacacións de Nadal!

:

Con esta postal colaborativa os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe a Pedra e máis eu queremos desexarvos unhas Felices Festas. Foi feita a partir dun mural realizado por todo o alumnado do cole. O lema elexido foi o de Diego Moreira Fernández de 1ºA:

"Xuntos no Nadal por 50 anos máis"

Noraboa Diego! Un bonito lema que fai referencia ao 50 aniversario do noso cole.
O alumnado de 1º, 2º e 4º agasallounos cunha panxoliña en galego titulada Sinto o Nadal de Kókiti Música, que interpretaron en lingua de signos, grazas a axuda da intérprete nesta lingua, Rosa Louro. Ollade e escoitade!

 
Xenial, encántame!
Gozade do Nadal en familia! Pasádeo moi ben! Vémonos o vindeiro curso no Bibliocastelo. Quérovos!



luns, 20 de decembro de 2021

Guías de lectura.

 Un ano máis, a Coordinadora de equipos de Dinamización Lingüística, da que o noso cole forma parte,  elaborou unhas guías de lectura con propostas para agasallar nestas datas. Animádevos a ler en galego!



Esperamos que vos gusten!