"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura".
No PORTAL EDUCATIVO tamén se pode ler esta nova, despois de que o conselleiro de Cultura e Educación recollese o galardón, outorgado pola Asociación Galega de Editores, o venres 13 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra, .
O director de Xerais, Manuel Bragado, tamén se fai eco da nove na súa páxina BRÉTEMAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario