martes, 11 de febreiro de 2020

A RADIO DENDE DENTRO!

Como xa sabedes este curso estamos traballando o fascinante mundo da radio. Os traniños e trasniñas están traballando arreo neste proxecto . Hai uns días tiveron a sorte de visitar unha emisora para vivir a radio dende dentro. Foron aos estudos de Radio Voz en Vigo. Foi unha experiencia  incríbel!! Ata saíron nun programa en directo. Ollade e escoitade premendo na seguinte imaxe!


Ningún comentario:

Publicar un comentario