xoves, 6 de febreiro de 2020

VISITA ESPECIAL

Hoxe recibimos no Bibliocastelo unha vista moi especial. Viñeron coñecer a nosa biblio e pasar un anaquiño de tempo con nós, os rapaces e rapazas do CEEPR  Amicos de Oleiros ( Ribeira).
Fixeron de anfitrións os nenos e nenas de terceiro. Ensináronlles a nosa biblioteca e os diferentes recantos que a forman. 













Ademais de compartir xogos e actividades, tamén compartiron lecturas. 





Regaláronnos un fermoso cadro dunha árbore que representa as catro estacións que eles mesmos fixeron e que agora decora o noso bibliocastelo. Moitísimas grazas!




Despedímolos cantándolles a canción de Papirus, a nosa benquerida mascota.



Foi unha xornada de convivencia moi enriquecedora e inesquecíbel! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario