Hoxe visitaron o Bibliocastelo Pablo e José, dous radioafeccionados pertencentes a URE (Unión de Radioafeccionados Españois) Rías Baixas para falarnos do incríbel mundo da radio. Comentáronnos as vantaxes que ten este importante medio de comunicación :
- É a primeira rede social.
- É unha maneira de relacionarse as persoas e de facer amizades.
- É a forma máis básica e fundamental de comunicación. O primeiro sistema que se activa en caso de catástrofe é a través da radio mediante un SOS.
- É unha ferramenta imprescindible sobre todo en situacións difíciles (guerras, furacáns...), xa que é un medio que nunca falla. Nesas situacións todas as canles de comunicación desaparecen, xa que se ven afectadas, agás a radio.
Ensináronnos diferntes maneiras de comunicarse a través da radio: Morse, voz...
Tamén nos dixeron que España é unha potencia neste campo, xa que ten o maior número de licenzas de radioafeccionados. Ademais nos explicaron o significado dos distintivos de cada país e zona e o código fonético a nivel internacional.
Moitísimas grazas, Pablo e José por compartir con todos nós os vosos coñecementos. Foi unha experiencia moi enriquecedora e interesante !
Ningún comentario:
Publicar un comentario