mércores, 25 de maio de 2022

O AGASALLO DE ANYA DE SABELA NÚÑEZ

 Polo DÍA DO LIBRO o alumnado de 4º tivo a sorte de compartir o libro que estiveron lendo O AGASALLO DE ANYA coa súa autora SABELA NÚÑEZ SINGALA.


 O libro conta a historia de Anya, unha nena ucraína orfa e comezaron a lelo case cando estalou a guerra polo que a sensibilidade estivo a flor de pel todo o tempo.

Fíxoos reflexionar na sorte que temos xa que noutros lugares do mundo os nenos/as teñen vidas realmente moi complicadas.

Gozamos tanto da súa visita e pensamos que foi recíproco porque traa ela Sabela fixo esta entrada no seu blog sobre a experiencia.


domingo, 22 de maio de 2022

TRADICIÓN ORAL CON ANXO GONZÁLEZ

 O 20 de maio Anxo González achegouse ao colexio de infantil da Pedra para pasar un bo rato co noso alumnado.

PREME NA IMAXE

 Con el descubrimos o Serpicán e o Gatipedro, dous trasniños máxicos que coñeceu cando era neno e cos que compartiu moitas aventuras;

PREME NA IMAXE



VISITA DE LUCÍA NOVAS

Hola amiguiñxs:

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e co gallo da celebración do 50 ANIVERSARIO DO CEIP A PEDRA, o pasado xoves 19 de maio tivemos unha visita moi especial. Lucía Novas, exalumna do cole e poetisa bueuesa, veu visitar a rapazada de 4º, 5º e 6º. Primeiro contoulles as súas lembranzas de cando era nena e do seu paso polo cole. Quedou abraiada do cambiado que estaba. Por certo, encantoulle a miña casa, o Bibliocastelo! Logo faloulles da súa faceta como escritora, dos catro libros que ten publicados "Neve", "Epiderme de estío", "Cervatos" e "Violetas no asfalto", que recollen fermosos poemas, algúns dos cales lles leu ao alumnado. Foi un momento moi especial. Ollade!

A rapazada de sexto despois de charlar con ela, fíxolle unha entrevista na radio. Escoitade!




Moitísimas grazas, Lucía, por compartir un anaquiño do teu tempo con nós.
Biquiños




venres, 20 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Como todos os anos durante o mes de maio levamos a cabo o concurso QUE SABES DE...? dedicado ao homenaxeado FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, Cada semana había unha proposta de pregunta e o alumnado podía participar escribindo a resposta nun papel que depositaba na furna colocada na entrada do cole. Os martes, unha man inocente escollía os gañadores/as comprobando que a resposta fose correcta.


Os nomes dos gañadores de cada semana expúñanse nun cartel na entrada do cole á espera de recibir o seu agasallo na entrega de premios que se levará a cabo nos últimos días de clase. 

1º PREGUNTA

Quen será homenaxeado este ano o día das Letras Galegas?

·    Laura Vilas 1ºB, Sara Barros 2ºA, Yerai Otero 2ºB, Javier Girón 3ºB, Saray Martínez 4ºB, Antón Ríos 5ºB, Pablo Estévez 6ºA.

2º PREGUNTA

Cando e onde naceu Florencio Delgado Gurriarán?

·    Iria Malvido 1ºA, Julia Älvarez 2ºC, Leire García 3ºA, Alba Campos 4ºA, Mateo Barciá 5ºA, Natán Recamán 6ºB.

3ª PREGUNTA

Escribe o nome de dous libros escritos por Florencio M. Delgado Gurriarán 

Lucía Fiel 1ºA, Mariña Castiñeira 2ºA, Paula López 2ºC, Noa Gallego 3ºA, Iker Martín 4ºB, Irene Árias 5ºA, Pedro Corredoira 6ºA.

4ª PREGUNTA

Como se chamaba o barco no que marchou a México?

 Claudia Vidal 1ºB, Daniel Piñeiro 2ºB, Ana Martínez 3ºB, Iker González 4ºA, Carmen Castro 5ºB, Aroa Taeger 6ºB.

Nas aulas realizáronse unha chea de actividades para coñecer mellor a Florencio Delgado, lecturas, xogos interactivo... 

O venres 13 de maio xuntámonos no patio da escola para celebrar un pequeno acto no que o alumnado recitou poemas de Florencio Delgado, cantamos a canción do 50 aniversario, o alumnado de 5º e 6º interpretou varias melodías coa frauta e despedímonos entonando o HIMNO GALEGO.

xoves, 19 de maio de 2022

DOAZÓN

Hola amiguiñxs:

Estou moi contento. Xa me informaron que o Festival ART FOR CHANGE foi todo un éxito. Grazas aos cartos conseguidos poidestes apadriñar a balea. Por certo, encántame o nome que saiu elexido: UDRA. Un nome fantástico para unha balea! 

Ademais o resto dos cartos recadados foron donados a ONG Pallasos sen fronteiras, que están a desenvolver un gran labor. Mandaron un vídeo de agradecemento ao IES Johan Carballeira, xa que foron os organizadores e promotores deste fantástico festival. Ollade!

Estou moi orgulloso de vós! Noraboa por este fantástico traballo colaborativo e solidario!

Biquiños

venres, 6 de maio de 2022

COÑECENDO BUEU, A NOSA VILA

 Os meus amiguiños e amiguiñas de 5º de infantil querían coñecer mellor a súa vila e decidiron facer un proxecto sobre BUEU. 

A aventura comezou cando recibiron unha misteriosa CARTA

A continuación, puxéronse a pensar en todas as persoas que xa pasaran polo noso colexio nestes 50 anos comos os mestres/as, nenos/as, papás e mamás... Preguntáronse CANTA XENTE VIVIRÍA EN BUEU e puxéronse a investigar para averigualo.


 Uns días despois, regaleilles uns obxectos que lles podían axudar a coñecer mellor a súa vila e como son moi curiosos rapidamente se puxeron a pescudar que significaban. Enseguida ataron cabos e remataron contactando co CONCELLO DE BUEU para obter máis información e incluso se animaron a visitalo.

Xa no mes de marzo e seguindo co seu proxecto, os trasniños e trasniñas descubriron a MATILDE BARES a través desta pequena biografía.

O ABECEDARIO NA MALETA. PEQUENA BIOGRAFÍA DE MATILDE BARES — Librería  Abrente

Tamén descubriron que en Bueu hai moitas praias e incluso escolleron a súa favorita e fixeron unha pequena excursión moi ecolóxica na que recolleron o lixo para dexar ben limpa a PRAIA DA BANDA DO RÍO.

Finalmente, os trasniños e trasniñas souberon que en Bueu hai un museo moi importante: O MUSEO MASSÓ e decidiron que o ian visitar para descubrir que segredos agochaba. Polo camiño fixeron dúas pequenas paradas nos seus parques favoritos.

CANTO APRENDERON SOBRE A SÚA VILA ESTOS TRASNIÑOS E TRASNIÑAS!!!


luns, 2 de maio de 2022

CANCION 50 ANIVERSARIO

 Xa coñecedes a canción do 50 Aniversario de A Pedra? A letra e música foi composta for KÓKITI MÚSICA e a interpretación é do profesorado e alumnado do noso colexio baixo a batuta de Rosa Louro, a nosa intérprete de signos. 

Pasámolo xenial practicando e como aínda non nos podíamos xuntar cos compañeiros/as doutros cursos tivemos que gravar por aulas pero creo que o resultado pagou a pena.

Quedounos tan chulo que decidimos presentalo ao concurso " Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. FAPXG

Non quedamos entre os gañadores pero non nos importou porque gozamos moitísimo aprendendo a lingua de signos.

domingo, 1 de maio de 2022

I FESTIVAL ARTÍSTICO SOLIDARIO ART FOR CHANGE

Este último sábado do mes de abril celebrouse na nosa vila o I Festival Artístico Solidario Art for Change, organizado polo IES Johan Carballeira. Este festival ten como obxectivo principal lograr cambios sociais a través da arte. Esta primeira edición tivo como tema central o coidado do medio ambiente, en especial do océano, polo que os fondos que se recadaron están destinados á asociación BDRI a través do apadriñamento dunha balea. Os asistentes votaron para elexir o nome de dita balea. O máis votado foi "Udra".

Ademais, conmovidos pola guerra en Ucranía, van colaborar con Pallasos sen fronteiras, unha ONG que apoia emocionalmente a poboación afectada por conflitos armados ou catástrofes naturais. 

Participaron neste festival centros educativos e asociacións culturais da contorna (Bueu, Cangas, Pontevedra,...). Ademais das actividades que se realizaron nos diferentes stands da carpa, instalada na Praza Massó, houbo outras actividades como concertos , exhibicións, obradoiros..., que se realizaron en diferentes lugares da nosa vila. O noso cole participou cun stand chamado "Os amigos de Papirus" no que se venderon produtos (pendentes, chaveiros, colgantes, xabóns, marcapáxinas...) relacionados co mar, que realizou todo o alumnado. Este stand estivo atendido e coordinado, sobre todo, polos axudantes de Papirus. Foi un éxito! Vendeuse todo! 








Ademais os trasniños e trasniñas interpretaron unha canción en lingua de signos xunto coa rapazada do IES Johan Carballeira. Fixérono xenial! Ollade e escoitade!

Fantástica interpretación! Noraboa por este gran traballo.
O mellor deste festival foi a unión de diferentes colectivos. Toda a vila de Bueu volcouse co proxecto. As tendas e os diferentes negocios da vila ambientaron os seus escaparates con temas mariñeiros. Ollade!



Ademais os restaurantes contaron con manteis elaborados polo alumnado do IES Johan Carballeira. Chulísimos!


Dende aquí queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa que forma parte do IES Johan Carballeira por convidarnos a este Festival e sobre todo os nosos parabéns por este fantástico proxecto. Noraboa!!! Foi moi emocionante ver a toda a vila volcada nun proxecto educativo!  

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

 Nesta data tan especial e significativa o Bibliocastelo énchese de actividades, visitas e lecturas.

CONTOS DO AVÓ ANXO: o avó de Aldán de 1º achegouse á nosa biblioteca para contarlles aos rapaces de 1º e 2º ás historias de agora e de antes. Se queredes saber máis desta interesante visita premede na seguinte imaxe.


A rapazada de 4ºB estivo ao longo do curso escribindo contos nos seus diarios. Para conmemorar o Día do Libro foron a radio a gravalos. Se queredes escoitalos premede na seguinte imaxe.
  



martes, 19 de abril de 2022

A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO

Durante o 3º trimestre organizamos unha exposición fotográfica e documental para conmemorar o 50 aniversario da nosa escola baixo o lema "A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO" Convidamos a toda a Comunidade Educativa a visitala en horario de tarde de luns a venres de 16h a 18h.


 Solicitamos a colaboración das familias e de calquera persoa que quiera aportar algún documento ou imaxe que nos axude a reconstruir ás pegadas da nosa escola.

Na exposición tamén tiveron o seu lugar as revistas publicadas ata o de agora na escola, dende as primeiras EL CHURRO, NUESTRA VOZ , O CANDIL, ANACOS ata as últimas do TINTEIRO DE PAPIRUS.

Noutro recuncho espuxemos as axendas que levamos facendo dende hai máis de 10 anos, sempre relacionadas co proxecto da biblioteca e algunhas das cartas que Papirus escribe aos rapaces e rapazas para presentar o curso.

Tampouco podía falta a nosa mascota PAPIRUS e todas as súas imaxes e logos:

As imaxes foron gravadas tamén nunha presentación que se proxecta dende un equipo que instalamos no interior da biblioteca.

sábado, 9 de abril de 2022

PROXECTO BUEU

 Ola amiguiñxs:

Vouvos contar e amosar un proxecto interesantísimo que realizou a rapazada de terceiro. "Bueu, a nosa vila" este é o título do mesmo.

Durante varias semanas estiveron traballando arreo. Buscando información, contrastando datos... No seguinte vídeo podedes observar como foi o proceso inicial do proxecto.

Na procura de datos contaron coa gran axuda de Arturo Cidrás, avó de Carmen, Martín e Juan e exprofe do cole. Arturo é unha importantísima fonte de información, xa que ten feitos numerosos traballos sobre a nosa vila.


Logo visitaron diferentes lugares da vila que estiveran traballando na clase e por suposto, foron ao Concello. Alí o alcalde, Félix Juncal e algúns concelleiros e concelleiras os atenderon e amablemente responderon as súas preguntas.


Despois con toda a información recollida fixeron unhas presentacións chulísimas. Premede na seguinte imaxe para poder velas!


Para rematar este fantástico traballo, fixéronlle unha entrevista na radio aos concelleirxs Silvia Carballo e Martín Villanueva, exalumnxs do noso cole e ao alcalde, Félix Juncal, que tamén foi alumno do noso centro. Countoulles como era o cole cando el estudaba e algunha anécdota de cando era pequeno. Escoitade!
 


Noraboa rapazada! Un traballo incríbel! Estou moi orgulloso de vós!!!
Biquiños