Despois quedamos no patio, enchemos os nosos cucuruchos, que xa traíamos preparados, e todos xuntos comemos as castañas.
sábado, 13 de novembro de 2010
TEMPO DE CASTAÑAS
Despois quedamos no patio, enchemos os nosos cucuruchos, que xa traíamos preparados, e todos xuntos comemos as castañas.
COÑECENDO OS COGOMELOS
Ensinounos moitas cousas así que vou facer un resumo da súa charla, que foi moi interesante.
Falounos de cogomelos velenosos como a AMANITA MUSCARIA tamén chamada "Escornabois" porque di que volve tolas as vacas cando a comen. A AMANITA PANTHERINA e a AMANITA PHALLOIDES todas moi velenosas e mortais. Non debemos nin achegar a nosa boca a elas porque teñen 32 sustancias nocivas que producen un efecto fatal sobre o figado.
As INOCYBES son outros cogomelos velenosos e moi perigosos. Cando as comes parece que non fan dano pero se se toman bebidas alcohólicas nas 48 horas anteriores ou posteriores, ou se comes moitas, pouco a pouco as súas sustancias van pasando ao sangue e afectando aos riles, ocasionando a morte.

Tamén nos falou de cogomelos comestibles, como unha Amanita moi parecida a Muscaria, chamada RUBESCENS ou CAESARIS porque era a comida dos Césares da Antiga Roma. En castelán é coñecida como "HUEVO DEL REY" porque é tan deliciosa que era un privilexio só reservado aos reis. Nacen preto dos carballos. Son moi caras e moi apreciadas. En Extremadura as cocen nunha cazola de barro con pemento, cebola e porro.
A MACROLEPIOTA PROCER ou ZARROTE e un cogomelo enorme que ten unha curiosidade no seu anel, que é a movilidade. Cando nacen e ainda están pechadas chámanse MONXES, pola súa forma e aínda son máis apreciadas. Nacen a montóns na zona de Lugo (Melide, Sarria, Lalín...) Para preparalas, a avoa de Xabier quitáballes a pel que tiñan encima porque se non amarga un pouco e despois de cortalas en anacos pequenos, embadurnaba a cociña de ferro con graxa de porco para fritilas, condimentadas cun pouco de sal fina. Tamén se poden fritir nunha tixola con aceite e sal.

Antes de rematar a súa exposición micolóxica dounos unha RECOMENDACIÓNS MOI IMPORTANTES:
- Se non coñecedes os cogomelos non debedes collelos e moito menos probalos, son moi perigosos e algúns mortais.
- Sempre hai que ir recoller cogomelos con alguén que os coñeza.
- Debemos protexelos, non pisalos nin collelos porque se non desaparecen e nese lugar non nace outro.
mércores, 10 de novembro de 2010
RECREOS DE CONTO
Esta semana Marcos e Dani de 6º B contaron un conto moi especial e apropiado para as datas nas que estamosluns, 1 de novembro de 2010
LIBROS E XOGOS DE PRODUCCIÓN PROPIA
Debido as obras que tivemos no cole desde o mes de xuño, non foi posible facer a exposición e quedou aplazada para outubro.
Agora mesmo na entrada do colexio están expostos todos os traballos e os xogos feitos o curso pasado.
Non deixedes de vela! De verdade que paga a pena!!!
RECREOS DE CONTO
e os axudantes de Papirus escollen e preparan un contacontos para os seus compañeiros/as do cole, que despois len ou representan durante o recreo.Empezar
on Jessica e Luna de 6ºA co conto "COCORICO". Sentimos non ter unha foto delas, a próxima vez non nos esqueceremos de facerlla.Esta semana foi o turno de Pablo e Alejandro Juncal de 6ºB co conto "OS TRES BANDIDOS"
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Xa tiñamos moitas ganas de que voltara ao seu recuncho para vixiar as nosas lecturas!!!
E ... chegou canso pola longa viaxe pero cheo de ilusión e moitas ganas de ver a todos os rapaces e rapazas da Pedra. Menuda sorpresa nos dou a todos e todas...
Contounos como lle foi polo mundo, as cousas que aprendeu e os amigos que fixo.
Que ben o pasamos! Aprendimos moitas cousas, gozamos da súa compaña e houbo apertas e lambetadas para todos e todas.
domingo, 31 de outubro de 2010
BICOS DE SOL
O xoves 28 de outubro tivemos a visita de Asun Estévez que acaba de presentar o seu libro "Bicos de Sol" Falounos da súa enfermidade que a impulsou a escribir este conto que trata de desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de tódolos seus membros.
Camiñamos con esa nai e esa filla, todo coraxe e dozura, para cruzar ese río de augas turbias. Sofía e a súa nai fixéronnos comprender que cando un problema é asumido con naturalidade comeza a resolverse. E que por suposto, un bico de sol é unha gran medicina.
CHEGA O SAMAÍN
Xa está aquí o Samaín, levámonos preparando durante toda a semana.
a moitos de vós estades a ler nas vosas casas e que aínda van estar unha semana máis con todos nós. xoves, 28 de outubro de 2010
GAÑADORES DO CONCURSO DE CONXUROS
Debido a gran calidade dos traballos presentados otorgaranse dous premios por ciclo e catro accesits.
Nenos e nenas que obtiveron un accesit:
Queredes ver os seus traballos?
xoves, 21 de outubro de 2010
UN SAMAÍN DE MEDO!!!
Sapos, ratos e pedras,
Pezuños de canguro,
raios, tronos e tebras!
Inventa o teu conxuro!
A idea consiste en compoñer en verso algunha frase máxica que serva para acadar algún efecto determinado.
Quizás podería servir de exemplo:
“Colorín , colorado.
A quen non erga o cu
Vaille quedar pegado.”
Para a decoración poderán empregar todo tipo materiais (ceras,pinturas, rotuladores, témperas…) e técnicas (collage, puntillismo.
Os cativos de cada titoría escollerán aquel que máis lles guste, a fin de que represente a súa clase na selección por Ciclos.
Despois escollerase o conxuro gañador de cada categoría. Haberá un gañador por ciclo.
Todos os conxuros serán expostos nos corredores da escola.
Grazas polo voso aterrador sentido do humor!
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP A PEDRA.
domingo, 17 de outubro de 2010
RECURSOS PARA SAMAÍN
domingo, 10 de outubro de 2010
MARIO VARGAS LLOSA, PREMIO NOBEL DE LITERATURA
Este escritor hispano-peruano foi o elexido este ano para recibir o Premio Nobel de Literatura que concede a Academia Sueca.Pero quen é? Agora imos saber algo máis sobre el.
Mario Vargas Llosa naceu en Arequipa, Perú o 28 de marzo de 1936.
Ao longo da súa carreira recibiu innumerables premios no ámbito das letras como o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Planeta entre outros.
É membro da Academia Peruana da Lengua desde 1977, e da Real Academia Española desde 1994.
La ciudad y los perros
La casa verde
Conversación en La Catedral
Pantaleón y las visitadoras
La fiesta del chivo
Lituma en los Andes
sábado, 9 de outubro de 2010
VOLVEN SAIR AS MOCHILAS VIAXEIRAS
domingo, 3 de outubro de 2010
OUTUBRO. MES INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR





