Benqueridos amiguiños e amiguiñas:
Que tal vos vai? Como o levades? Espero e desexo que ben.
En primeiro lugar quero darvos as grazas polos comentarios que me puxestes, gustáronme moito.
Como sei que vos gusta moito a lectura a actividade que vos propoño hoxe é realizar un divertido marcapáximas de monstro para marcar as nosas lecturas favoritas. Imos necesitar tan só un anaco de cartolina, unhas tesoira, un lapis, unha regra e pinturas para decorar. Os máis cativos e cativas podedes pedir axuda aos vosos pais, aos avós ou a vosos irmáns e irmás maiores. No seguinte vídeo aparece moi ben explicado. Ollade e poñédevos mans á obra!

Vouvos ensinar os que fixen eu. Ollade!
Cal vos gusta máis? Como vedes podedes decoralos como queirades, incluso podedes poñerlles orellas, lazos, sombreiros... as posibilidades son infinitas. A imaxinación non ten límites!
Estou desexando ver os vosos monstruiños!
Mañá máis. Deica logo!
Moitos biquiños e apertas!

P.D: Estas actividades que propoño son voluntarias, para quen queira realizalas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario