Ola amiguiños e amiguiñas:
Como van as cousas por aí? Espero e desexo que esteades moi ben.
Hoxe vouvos falar un pouquiño do Coronavirus, o virus por mor do cal temos que estar na casa e non podemos saír a rúa nin ir ao cole. Supoño que a estas alturas xa oistes falar del, pero para que non vos queden dúbidas e saibades moi ben o que hai que facer para vencelo vouvos explicar unhas cousiñas. Creo que a mellor maneira de facelo é cun conto. Ollade!

Leer más publicaciones en Calaméo
Espero que con este conto se aclarasen todas as vosas dúbidas. Xa sabedes que é moi importante lavarse ben as mans e por si a alguén non lle quedou claro, aí vai unha canción dos Lunnis onde o explican moi ben.
Que vos parece se debuxamos ao virus como se fose un monstro ao que vencemos cos nosos superpoderes? Entre todos e todas o conseguiremos!!
Agora vou poñer unhas recomendacións para as familias, para que vos axuden a entender e levar mellor esta situación tan anómala na que nos atopamos.
Leer más publicaciones en Calaméo
Espero e desexo de todo corazón que vos sirvan de axuda e sobre todo desexo que dentro dun anaquiño estemos todos fedellando e compartindo lecturas na miña casa, no Bibliocastelo. Bótovos tanto de menos!!!
Mañá máis cousas. Quero que saibades que estou moi orgulloso de vós, sei que vos estades portando moi ben. Seguide así!
Moitos biquiños e unha forte aperta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario