Como o ides levando? Eu estou empezando a aburrirme un pouco. Boto de menos as vosas risas! Menos mal que estou cos meus amigos, os libros. Falando de libros... hoxe atopei un moi divertido que se titula "No me dejan hacer nada". Como me gustou tanto fíxenvos un vídeo. Ollade!
Que vos pareceu? Seguro que a vós tamén hai cousas que non vos deixan facer, non si? A min, unha morea delas. Non me deixan comer coa boca aberta e facer ruídos mentres como, non me deixan tirarlle dos tentáculos aos meus irmáns, non me deixan tomar o sol nas rochas, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario